Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense ultima os detalles para a celebración da súa Festa dos Maios

Ourense ultima os detalles para a celebración da súa Festa dos Maios

Declarada de interese turístico de Galicia, é unha das citas tradicionais máis presentes no imaxinario ourensán

G24.gal 02/05/2026 14:38 Última actualización 02/05/2026 17:13

Na Asociación cultural Os Lolailos levan semanas coa vista posta nos maios.

"O día que acabamos o Entroido, xa ao día seguinte pómonos a pensar que vai ser o maio. A elaboración máis ou menos é un mes".

O ano pasado gañaron o primeiro premio dos maios artísticos reproducindo a fonte da praza do ferro. Desta vez, non queren sermenos. Despois de semanas de traballo hoxe toca ultimar detalles. concretamente, colocar as flores no seu maio.

"Hai que procurar non estragar o musgo que xa temos cosido e a flor que é un pouco máis delicada. Colocamos a Erica, que en galego chámanlle 'huces', a xesta e carqueixa. iso o principal".

Neste tempo de maios traballo hai abondo para grandes e pequenos.

"Fixemos uns colares de qué? de carrabouxos".

"Participamos todos, o que pasa é que sempre están os xubilados, que botan unha man, veñen regar. A fin son os que saben, os que o fixeron toda a vida, van dicindo como hai que facer e imos aprendendo, hai que pasar de xeración en xeración. É bonito manter a tradición".

Para ver o resultado final haberá que agardar a mañá. Con todo, seu maio din que será perfectamente recoñecible para a xente de Ourense.

"Mañá pois xa levar o Maio, colocalo ben, a ver se temos sorte e nos dan un sitio que sexa bastante axeitado para el e a gozar, que é o que queda".

Declarada Festa de Interese turístico de Galicia, os maios son unha desas citas sempre presentes no imaxinario ourensán, a festa da benvida da primavera que enche as rúas de flores, natureza, música e toda a retranca das coplas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade