Publicador de contidos

Publicador de contidos

Taboada recupera a normalidade o día despois dun rescate de película

Taboada recupera a normalidade o día despois dun rescate de película

O pasado mércores escaparan 19 vacas dunha explotación, moitas delas tiveron que ser rescatadas onte cun helicóptero

G24.gal 02/05/2026 15:41

Un dia despois dun rescate de película, a calma reina xa na explotacion gandeira de Taboada onde o mércores escaparan 19 vacas. Os donos, dos irmáns que levan toda a vida traballando no campo, agradecen a axuda recibida por parte dos servizos de emerxencia galegos e asturianos.

O balance non foi todo o malo que se pensaba. Só perderon unha das vacas, as demais, recupéranse xa na explotación.

"Atópanse relativamente ben. Algunha perdera a súa cría e outras teñen fortes magulladuras. Os servizos veterinarios da Xunta e todo o mundo dixeron que parecía mentira que estivesen tan ben despois de caer por alí", comentaba Andrés Gómez, un dos donos da explotación.

Xa días despois do accidente, é o momento de esclarecer os feitos. Todo fai pensar na presenza do lobo na zona. As vacas atopábanse no pasto, controladas polo pastor eléctrico, pero fuxiron a toda velocidade por unha zona moi complicada.

"Non lle gardamos rencor ao lobo, pero os nosos animais non escaparían se non tivesen medo a algo moi grande", comentaba tamén Andrés.

A normalidade reina xa na explotación dos irmáns Gómez, iso si, pasará moito tempo antes de que podan esquecer o que viviron nestes últimos días.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade