Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lea entre seareiros do Celta e Lión a horas de xogaren o partido da Europa League

Lea entre seareiros do Celta e Lión a horas de xogaren o partido da Europa League

Os afeccionados dos dous equipos atopáronse nos exteriores do Pub Twenty na rúa do Areal

As autoridades confirmaron tres feridos, unha vintena de identificados e ningunha detención

G24.gal 12/03/2026 10:14 Última actualización 12/03/2026 14:20

Polo menos tres persoas resultaron feridas onte á noite nunha pelexa multitudinaria entre afeccionados do Celta e o Olympique de Lión, que se miden esta noite no estadio de Balaídos no partido de ida dos oitavos de final da Europa League. De madrugada os seareiros dos dous equipos provocaron unha lea nos exteriores do Pub 20th Century Fox, na rúa do Areal. 

Más dunha vintena de persoas foron identificadas polas forzas da orde tras a pelexa, que se saldou con polo menos tres persoas feridas leves, dúas das cales tiveron que ser derivadas ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo..Os afeccionados dos dous equipos tiveron a refrega ás portas do coñecido local nunha das zonas de ambiente nocturno de Vigo. Testemuñas presenciais aseguran que derrador de medio cento de seguidores do Celta acudiu á zona á procura dos afeccionados franceses. Ían con paus e levaban a cabeza cuberta. 

Á zona desprazáronse varios furgóns da Policía Local e da Nacional. Tamén acudiron ambulancias do 061 que atenderon a tres persoas, dous deles franceses, que foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con feridas na cabeza. 

A Policía Nacional informou de que están a efectuar dilixencias e investigando os feitos, sen que haxa persoas detidas polos incidentes. Segundo as mesmas fontes policiais, os feridos presentan pequenas lesións, como cortes, ocasionados polos cristais que romperon. Ademais, estableceuse un amplo dispositivo de seguridade para o encontro deste xoves.

O Celta condenou "firmemente" calquera tipo de actuación violenta, "como a rexistrada a pasada noite contra afeccionados do Olymplique de Lyon"."A violencia, en calquera das súas manifestacións, non forma parte da identidade nin dos valores celtistas", trasladou o club vigués.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade