Falece o exsecretario xeral de Podemos en Ourense, Víctor Ferreiro
A formación destaca que foi unha persoa comprometida coa defensa da xustiza social
Víctor Ferreiro, exsecretario de Podemos Ourense
Podemos Ourense informou na tarde deste luns do falecemento do exsecretario xeral da formación nesa cidade, Víctor Ferreiro.
O partido amosou a súa profunda tristeza polo súa morte.
"A súa perda deixa un enorme baleiro entre todas as persoas que tivemos a sorte de coñecelo, traballar con él e compartir militancia e amizade", destacan nun comunicado.
"Víctor foi, ante todo, un compañeiro leal e honesto, unha persoa comprometida coa defensa da xustiza social, da igualdade e dos dereitos da maioría social. Durante a súa etapa como secretario xeral demostrou sempre unha enorme capacidade de traballo, un profundo sentido da responsabilidade e unha firme vontade de construír unha sociedade máis xusta", destacou nunha nota Podemos Ourense.