Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso derroga o decreto dos 'lobbies' cos votos de PP, Vox, Junts e UPN

O Congreso derroga o decreto dos 'lobbies' cos votos de PP, Vox, Junts e UPN

Abstivéronse o PNV, Podemos e 3 deputados de Sumar que, a última hora, cambiou o sentido do voto

A norma para regular os grupos de interese fora aprobada polo Consello de Ministros a finais de agosto

Ao no obter o referendo, o Goberno non cumprirá en prazo un dos compromisos para recibir fondos europeos

 

Panel co resultado da votación Panel co resultado da votación
G24.gal 16/09/2026 19:41 Última actualización 16/09/2026 20:36

O real decreto lei aprobado polo Goberno a finais de agosto para regular os grupos de interese quedou derrogado este mércores ao votar o PP, Vox, Junts e UPN en contra da súa convalidación no pleno do Congreso.

A votación rematou con 155 votos a favor, 179 en contra e 12 abstencións -do PNV, de Podemos e de tres deputados de Sumar- e impedirá ao Goberno cumprir en prazo cun dos compromisos adquiridos con Bruxelas para ter acceso a 1.500 millóns do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia europea.

Sumar evitou o choque co PSOE ao cambiar a última hora o sentido do seu voto no decreto lei dos 'lobbies' ao optar finalmente por apoiar a convalidación no canto de votar en contra, como pensara facer. Xustifican a viraxe ante o compromiso do ministro de Transición Dixital de impulsar outro decreto en outubro perfilando máis as consecuencias que tería para os sindicatos o seu rexistro como grupos de interese.

No entanto, o grupo rompeuse parcialmente ao absterse 3 deputados. A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, pola súa banda, non emitiu o seu sufraxio ao non acudir ao Pleno.

"Por suposto que partidos e sindicatos non son 'lobbies'", garantiu López, quen apelou en balde á responsabilidade do PP para sacar adiante unha norma que reclama a UE e que os populares apoian en Bruxelas.

​​​​​​​Este era o segundo intento do Goberno para regular os grupos de interese, pois en xaneiro de 2025 xa enviara á Cámara un proxecto de lei cuxa tramitación encallou por falta de acordo. O decreto lei estaba en vigor desde a súa aprobación a finais de agosto, pero ao non recibir o referendo do Congreso quedou derrogado.

No debate, o deputado socialista José Luis Aceves instou os parlamentarios a non poñer en risco a chegada de importantes fondos europeos, pero o PP cuestionou a urxencia da norma.

Amáis dos "572 días de desleixo", os pasados desde que remitiu ao Congreso o proxecto de lei, a deputada do PP, Edurne Uriarte, lembrou que a UE reclama esa regulación desde 2021, con que, ao seu xuízo, se se incumpren os prazos é polo "abandono e a irresponsabilidade" do Goberno.

Na mesma liña, o deputado de Vox Emilio Jesús do Val acusou o Goberno de atentar contra a separación de poderes, mentres que o portavoz de Junts, Josep Pagés, denunciou a falta de negociación e cuestionou un texto que, ao seu xuízo, está deseñado para favorecer as grandes empresas e os grandes 'lobbies'. Desde o grupo mixto, con todo, Néstor Rego do BNG criticou a profesionalización do 'lobismo' e a influencia das grandes empresas.

Fronte ás críticas, Óscar López defendeu un texto que definía o que é un grupo de interese, incorporaba o informe de "pegada normativa" para determinar a súa posible influencia na redacción das leis e establecía un réxime sancionador. Ao seu xuízo, é difícil explicar que se rexeite unha norma que lle impón maior transparencia ao Goberno, salvo que haxa "motivos escuros".

Segundo apuntou, en menos dun mes o rexistro que agora queda derrogado recibiu máis de 300 solicitudes de inscrición de grupos de interese e máis de 3.000 consultas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade