A tecnoloxía e a comunicación aumentativa mellora a participación social en persoas con desafíos na fala
A tecnoloxía e a comunicación aumentativa mellora a participación social en persoas con desafíos na fala
Contribúen ao desenvolvemento da linguaxe e do pensamento de persoas con enfermidades neurodexenerativas ou parálise cerebral
Mellora a comunicación de pensamentos e sentimentos de persoas autistas
Profesionais da logopedia, reunidas hoxe en Santiago polo Colexio Profesional de Logopedistas de Galicia, destacaron que o uso de sistemas de comunicación aumentativa, utilizando a tecnoloxía, non só facilita a comunicación, senón que tamén contribúe ao desenvolvemento da linguaxe e do pensamento de persoas con enfermidades neurodexenerativas. ou parálise cerebral.
Irai ten sete anos, é autista grao dous. Grazas ao traballo cunha logopedista e ao uso de ferramentas de comunicación aumentativa e alternativa conseguiu despois dun ano de traballo mellorar a capacidade comunicativa e a participación social.
"É unha tablet, pulsamos os botóns das palabras que queremos dicir e mediante voz sintetizada escóitase", di Iria Saavedra, logopedista de Irai.
"Actualmente é capaz de expresar sentimentos e emocións", engade Iria Saavedra.
"O cambio que deu foi incrible, agora comeza a expresarse de manira oral, que é máis fácil para el", asegura Lara Salgado Pastoriza, nai de Irai.
Segundo os expertos, a comunicación aumentativa e alternativa permítelles ter unha andamiaxe cognitiva constante para establecer o pensamento.
Tamén lle acontece a Álex Fernández, de 16 anos, cunha enfermidade neurodexenerativa. É estudante do Centro Amencer de ASPACE, en Vigo. Utiliza desde hai cinco anos un comunicador dixital ocular.
Un dos retos actuais está no vocabulario que incorporan estes sistemas, precisando mellorar a introdución do galego e non traducións deficientes.
"O vocabulario que aparece nos dispositivos vén doutros países eoa final é unha tradución", destaca Diana Gándara, presidenta do Colexio de Logopedistas profesionais de Galicia.
A experiencia das persoas usuarias amosa o impacto real destes sistemas na vida cotiá.