María José Gómez: "Con ALume, calquera cidadán pode alertar dun incendio a golpe de clic"
A conselleira do Medio Rural explicou no programa Bos días de Televisión de Galicia como funciona a nova aplicación para alertar da presenza de lume e como usan a intelixencia artificial para detectalo
ALume, a nova app de colaboración cidadá para dar aviso de incendios forestais
Os incendios de 2025 deixaron case 119.000 hectáreas calcinadas en Galicia, a peor campaña desde a gran vaga de lumes de 2017 e unha das máis devastadoras das últimas décadas. Neste 2026 os incendios da pasada fin de semana de Padrón e Boborás, aínda no comezo do verán, anticipan que esta podería ser tamén unha campaña dura na loita contra as lapas.
A tecnoloxía axuda neste labor con ferramentas para previr e detectar os incendios forestais. A conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez, explicou no programa Bos días de Televisión de Galicia como funciona a nova aplicación para alertar da presenza de lume e como usan a intelixencia artificial para detectalo.
A aplicación para avisar sobre incendios forestales activos en Galicia
A aplicación móbil oficial da Xunta de Galicia permite avisar de incendios forestales activos no país. ALume facilítalle á cidadanía unha interface intuitiva e amigable para indicar a xeolocalización exacta dunha alerta de incendio forestal, en tempo real, sobre a propia foto aérea, de máxima resolución.
"Calquera cidadán, a golpe de clic, pode alertar dun incendio na súa contorna", afirmou Gómez na Televisión de Galicia.
Opcionalmente, permite incorporar, de xeito rápido e sinxelo, fotografías, notas de voz e observacións de interese, además de dispoñer dun acceso directo para contactar co teléfono 085, de aviso ante incendios forestais.
Un simulador para predicir o comportamento dun incendio e IA na loita contra o lume
A titular de Medio Rural salientou o carácter vivo do Pladiga, o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que permite que con cada actualización anual se sumen novas ferramentas como, neste 2026, ALume e un simulador que predice a evolución dun incendio a 24 horas vista.
O programa combina datos en tempo real e factores ambientais para optimizar a coordinación dos dispositivos de extinción e é quen de predicir en media hora como se comportará un incendio durante as seguintes 12 horas e, nunha hora, durante as 24 posteriores. As súas conclusións serán de utilidade para os servizos antiincendios.
O Simulador de Propagación de Incendios de Galicia, bautizado como Spigal polas súas iniciais, foi deseñado por MeteoGalicia. En concreto, integra datos en tempo real sobre o lume, analiza variables como o vento, o fume, a humidade da vexetación ou a topografía e incorpora as actuacións dos servizos antiincendios. Con todos esos datos, Spigal pode xerar simulacións tanto sobre a propagación do lume como sobre a posible formación de focos secundarios.
A conselleira tamén lembrou na entrevista outras novedades do Pladiga 2026, como un 30 % más de cámaras de vixilancia, a incorporación de intelixencia artificial para detectar focos ou drons para zonas de difícil acceso. María José Gómez insistiu, ademais, na obriga do propietarios a manteren limpos os seus terreos e reiterou a disposición da Xunta a actuar de xeito subsidiario cos concellos.