Publicador de contidos

Publicador de contidos

A IA resolve un dos denominados enigmas do milenio

A IA resolve un dos denominados enigmas do milenio

A solución ao teorema para o que matemáticos de todo o mundo aínda non acharan a resposta abre milleiros de interrogantes

G24.gal 09/10/2026 14:41

Os patróns matemáticos das turbulencias, da evolución das masas oceánicas, da auga que ferve, do noso propio corpo porque a atmosfera e nós, todos, somos fluídos. Open IA anuncia a resolución da ecuación Navier-Stokes e o planeta volve enmudecer. Gonzalo é coruñés e un dos científicos coñece ben este teorema.

 "Hai bastante certeza na comunidade matemática de que o resultado está ben e o que propón é moitas preguntas sobre a IA. Será quen de resolver ecuacións moito máis complicadas do que somos nós, entón hai que poñer os humanos no centro, e darlle a importancia a que os humanos entendan o que está a facer a IA", dixo Gonzalo Cao, científico na Escola Politécnica Federal de Laussane.

En Galicia, os profesores do grao de IA fálannos tamén das implicacións deste enorme desafío para a humanidade.

 "Por unha parte estamos ilusionados porque temos unha maquinaria e unhas ferramentas potentísimas, pero resolver un problema non é dar unha solución. É coma se a un neno que estuda matemáticas lle dis: a solución é esta!  Moi ben, pero o importante é ser quen de chegar a ese resultado e entender o proceso", explicou Xabier García, profesor na Facultade de Matemáticas.

Na solución proposta pola IA para Navier-Stokes o fluído xira en espiral cara ao interior e o núcleo estréitase e estírase Na solución proposta pola IA para Navier-Stokes o fluído xira en espiral cara ao interior e o núcleo estréitase e estírase

Asistimos, din, a un avance do denominado tecnofeudalismo que implica desafíos éticos.

"E agora temos o medo de que só as grandes corporacións poidan atacar eses problemas. Ao final son dúas empresas que pelexan unha coa outra para ver quen consegue máis nicho de mercado, e hai moita publicidade", engadiu.

No problema do millón de dólares, Open IA empregou 10.000 axentes, 88 horas e 30 millóns de dólares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos