Publicador de contidos

Publicador de contidos

ALume, a nova app de colaboración cidadá para dar aviso de incendios forestais

ALume, a nova app de colaboración cidadá para dar aviso de incendios forestais

O Pladiga de 2026 reforza a vixilancia cunha IA que procesa as imaxes de 240 cámaras repartidas polo territorio para a detección temperá de focos

Estabilizados todos los incendios en Galicia, tras quemar 635 hectáreas en Padrón, Boborás e Xermade

G24.gal 16/06/2026 14:23 Última actualización 16/06/2026 14:38

Entre as novidades tecnolóxicas do Plan de Defensa contra Incendios, Pladiga 2026, está o desenvolvemento dunha nova app para que os cidadáns comuniquen os incendios desde a súa localización. ALume, de Alerta contra o Lume, xa está dispoñible para Android e Iphone. A través dela os cidadáns poden comunicar onde detectaron un foco, achegar unha fotografía, un audio explicativo ou observacións, con todas as garantías de confidencialidade.

É unha das ferramentas que se incorporan este ano ao Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, que inclúe 42 brigadas, 4 medios aéreos e 16 Buldozer máis.

"Temos o maior orzamento das historia, 213 millóns de euros, un 18% máis ca en 2025. E tamén outras novidades como esas cámaras que vixían o noso territorio e que incrementamos nun 30 %", declarou María José Gómez, a conselleira do Medio Rural. 

As imaxes desas cámaras son procesadas por unha IA que levan xa anos adestrando. O sistema permitiu, por exemplo, detectar o incendio de Padrón no mesmo minuto ca o aviso das persoas. Pero no caso de zonas despoaboadas, como o incendio de Viana, o aviso da IA chegou antes. 

"Permiten ver os incendios en tempo real e adoptar decisións operativas desde o centro de coordinación gañándolle tempo ao lume", explicou Gustavo Álvarez, coordinador de Sistemas Informáticos da Consellería do Medio Rural. 

A IA será un apoio á información dos postos de vixilancia. No referente á prevención, a conselleira insistiu na necesidade de limpar as faixas que rodean os núcleos e dixo que só o 30 % dos concellos adheridos ao convenio coa Xunta solicitaron actuacións.

"É importante a colaboración de todos, en primeiro lugar dos particulares e tamén dos concellos, que son os responsables. Pero solicitar unha actuación hoxe non te exime. Porque isto é un traballo continuado", dixo María José Gómez, a Conselleira do Medio Rural 

E lembrou que no visor de faixas secundarias da Xunta están as parcelas que cada propietario ten obriga de ter limpas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade