Controlado o incendio de Xermade despois de queimar 35 hectáreas
O lume comezou este luns pola tarde na parroquia de Roupar
A Consellería de Medio Rural informa de que o incendio no municipio lucense de Xermade, que se declarou este luns pola tarde, xa está controlado despois de arrasar 35 hectáreas.
CONTROLADO o #IFRouparXermade
— incendios 085 (@incendios085) June 16, 2026
O lume iniciouse na parroquia de Roupar ás 14:51 horas deste luns e contra a medianoite, ás 23:48 horas, quedou finalmente estabilizado grazas ao traballo do servizo de extinción, que mobilizou 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas e unha escavadora.
En canto aos medios aéreos, participaron nos traballos para sufocar o lume 5 helicópteros e 7 avións.
Doutra banda, permanecen estabilizados os incendios de Padrón-Herbón e Boborás-Moreiras. En ambos os dous casos foi desactivado o nivel 2 de alerta.