Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incendio nunha cafetería en Santiago que estaba pechada temporalmente

Incendio nunha cafetería en Santiago que estaba pechada temporalmente

No incendio non houbo que lamentar danos persoais, xa que o local estaba pechado desde xaneiro

De momento aínda están sen avaliar os danos materiais

O lume comezou debaixo da estructura metálica da cafetería A Ferradura
G24.gal 14/03/2026 09:25 Última actualización 14/03/2026 14:26

O incendio iniciouse contra as 23 horas deste venres no centro de Santiago. En concreto na cafetería A Ferradura da Alameda de Compostela. Os primeiros indicios fan sospeitar aos investigadores que puido ser unha cabicha mal apagada que prendeu nun colchón que estaba debaixo da estructura metálica, que podería estar utilizando unha persoa sen teito.

De momento descoñécense os motivos polos que se orixinou o lume, só se sabe que comezou por debaixo da estrutura do local. O lume xerou unha forte fumareira e un intenso cheiro que alertou aos veciños do casco historico. O primeiro en avisar foi un taxista.

O colchón, debaixo da estructura da cafetería, quedou totalmente ardido

Ata o lugar axiña se desprazaron os bombeiros de Santiago, a Policía Local e a Policía Nacional. De feito, o local está moi preto das intalacións da Policía Local e Nacional de Compostela.

De momento están sen avaliar os danos materiais, e non houbo que lamentar danos persoais. A cafetería Alameda estaba cerrada temporalmente desde o mes de xaneiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade