Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manifestación de médicos en Santiago para esixir medidas que poñan fin a folga

Manifestación de médicos en Santiago para esixir medidas que poñan fin a folga

Manteñen o pulso con Sanidade tanto a nivel autónomico como estatal. Á consellería pídenlle melloras nas condicións laborais e ao ministerio un estatuto propio

Mentres, os centros sanitarios galegos reorganízanse e estudan como compensar as citas afectadas polas protestas. En dúas semanas suspendéronse 43 mil consultas

G24.gal 14/03/2026 13:50

Médicos de toda Galicia manifestáronse este sábado en Santiago de Compostela, convocados polo sindicato O'Mega, en defensa da "dignificación" da sanidade pública e para reclamar á Xunta que negocie as medidas que reclaman para poñer fin á folga.

Os facultativos percorreron as principais rúas do centro da capital galega detrás dunha pancarta co lema "Pola nosa sanidade" e corearon consignas como "Paciente, escoita, esta é a túa loita", "Hora traballada, hora cotizada" ou "Non é vocación, é explotación".

Os médicos e facultativos tamén reclamaron coa súa manifestación, neste caso ao Goberno central, a redacción dun estatuto marco propio, algo que xunto ás reivindicacións que se fan á Xunta orixinan a folga que o luns comezará a nivel estatal.

A manifestación continuou ata a praza de Praterías, onde unha médico do Sergas deu lectura a un comunicado no que os facultativos censuraron a "desidia institucional que está a poñer en risco uno dos piares máis importantes da nosa sociedade: a nosa sanidade".

No manifesto cualificouse a folga dos médicos galegos como "un berro de auxilio de profesionais exhaustos", pero tamén "a voz dunha cidadanía que ve como o seu dereito a unha atención sanitaria digna pérdese entre listas de espera, demoras e consultas saturadas. 

Mentres, os centros sanitarios galegos reorganízanse e estudan como compensar as citas afectadas polas protestas. En dúas semanas suspendéronse 43 mil consultas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade