O deportivismo bótase á rúa para reivindicar "xustiza para Marathón inferior"
Protestan polas condicións de renovación dos abonos desa bancada
O club di que as medidas veñen impostas por LaLiga
Ao berro de "o Depor somos nós" percorreron os afeccionados o traxecto entre a Praza de Pontevedra e a sede de Abanca da cidade da Coruña. A manifestación, convocada pola Federación de Peñas, os Riazor Blues e os Old Faces, congregou a case 2000 persoas.
Protestan polas condicións de renovación dos abonos na bancada de Marathón inferior, na que consideran "unha falta de respecto sen precedentes, represión e censura", segundo leron nun manifesto. Denuncian unha "persecución arbitraria" e falan tamén de "fractura social" nun momento importante para o club, coa ilusión do ascenso a Primeira división.
O club, pola súa banda, defende as medidas impostas a esta bancada alegando que son directrices de LaLiga que se deben aplicar a todos os clubes.