Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG reclama máis soberanía para Galicia no 'Día da Patria Galega'

O BNG reclama máis soberanía para Galicia no 'Día da Patria Galega'

Os nacionalistas galegos chamaron un 25 de xullo máis a manifestarse en Santiago

Pontón reivindica un futuro mellor e a defensa da sanidade e a educación pública, a lingua ou o feminismo

O PSdeG reivindica o papel da emigración na celebración do Día de Galicia

G24.gal 25/07/2026 14:20

Como cada 25 de xullo, o BNG chamou a percorrer as rúas de Santiago para celebrar o 'Día da Patria Galega' cunha proclama principal: reclamar máis soberanía. Os nacionalistas galegos ven a Galicia como unha nación valente, froito de séculos de historia, que aspira a construír un futuro mellor. Isto, en palabras de Ana Pontón, pasa pola defensa da sanidade e a educación pública, o feminismo ou a lingua.

"Ese futuro mellor escríbese cando defendemos a sanidade pública, a educación pública, cando defendemos a nosa lingua, cando defendemos os dereitos das mulleres porque cremos nun futuro feminista", defendeu a portavoz nacional do BNG.

En declaracións aos medios antes de iniciar a marcha dende a Alameda compostelá, Pontón reivindicou o orgullo de ser galegos nun día moi especial.

"É, polo tanto, un día para amosarlle ao mundo o orgullo de ser galegos e galegas, e é un día de celebración, de unión, de toda a xente deste país que estamos reclamando un futuro mellor. Reivindicamos unha nación que é unha nación valente, unha nación chea de xente digna, unha nación chea de xente loitadora, que pelexa cada día polo seu futuro", asegurou Pontón.

A líder nacionalista erixe ao seu partido como a única esperanza para construír ese futuro. A manifestación rematou na Praza da Quintana cun acto político do BNG no que interveu Pontón e o secretario xeral de Galiza Nova.​​​

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade