Detido un home e desmantelado un punto de venda de estupefacientes en Muros
O home foi detido como o presunto autor dun delito contra a saúde pública
A Garda Civil contou na investigación coa colaboración cidadá
A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións
Garda Civil tamén se incauto de varios efecto achados no punto de venda. Imaxe: Garda Civil
A Garda Civil de Muros en colaboración coa Benemérita do posto de Boiro detivo un home como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Amais da detención do home en Muros, a Benemérita tamén desmantelou un punto de venda de sustancias estupefacientes.
A investigación iniciouse no posto da Garda Civil de Muros para confirmar información que lles chegara pola colaboración cidadá. Na investigación tamén participou a o posto da Garda Civil de Boiro. Analizada esta información, os axentes lograron localizar a ubicación do piso que se utilizaba como punto de venda. Unha vez que obtiveron o Mandato de Entrada e rexistro por parte da Autoridade Xudicial, solicitaron a colaboración da Policía Local de Muros.
No piso, os axentes localizaron diversas sustancias estupefacientes, que estaba manipulando para realizar doses individuais, útiles para o pesado, preparación e envase das mesmas; 320 euros en moeda fraccionada e diversos obxectos, posiblemente relacionados con delitos contra a propiedade e utilizados como medio de pagamento das substancias, explica a Garda Civil no seu comunicado.
Efectos incautados pola Garda Civil. Imaxe: Garda Civil