Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptan máis de 1.200 quilos de cocaína ocultos nun cargamento de cocos en Sevilla

Interceptan máis de 1.200 quilos de cocaína ocultos nun cargamento de cocos en Sevilla

Dúas persoas foron detidas nunha operación conxunta da Garda Civil e a Axencia Tributaria

A droga estaba agochada no fondo do remolque dun camión

G24.gal 08/09/2026 10:46

Dúas persoas foron detidas nunha operación conxunta da Garda Civil e a Axencia Tributaria contra o tráfico de drogas. Foron interceptados máis de 1.200 quilos de cocaína ocultos nun cargamento de cocos. A droga estaba agochada no fondo do remolque dun camión. O alixo foi interceptado xusto cando se ía realizar a entrega. Os axentes comisaron diñeiro en efectivo e varios dispositivos electrónicos. 

A operación iniciouse en decembro do ano pasado, cando os investigadores detectaron unha empresa localizada en Dos Hermanas (Sevilla) que parecía estar a ser utilizada para introducir drogas en España. Tras identificar un contedor marítimo que resultaba sospeitoso, os axentes estableceron un estreito dispositivo de seguimento.

Interceptaron a mercancía xusto no momento da recepción, evitando así a distribución dun grande alixo de droga e asestando un importante golpe ás redes de narcotráfico. A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade