Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde unha furgoneta no interior dunha nave en Teo

Arde unha furgoneta no interior dunha nave en Teo

O incendio, por causas descoñecidas, provocou unha intensa fumareda que era visible desde distintos puntos

Os traballadores desaloxaron o recinto e non houbo danos persoais

G24.gal 12/03/2026 10:15

A primeira hora da mañá deste xoves rexistrouse un incendio nunha nave de Teo. Ardeu unha furgoneta que estaba no interior da nave Ferros Gago, en Montouto, no concello coruñés de Teo.

O incendio, por causas descoñecidas, provocou unha intensa fumareda que era visible desde distintos puntos das urbanizacións San Sadurniño e Os Tilos, en Cacheiras.

Os traballadores desaloxaron o recinto e non houbo danos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade