Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pillada drogada ao volante en Redondela e sen seguro, sen carné e sen ITV

Pillada drogada ao volante en Redondela e sen seguro, sen carné e sen ITV

Segundo informou este xoves, a Policía deu o alto á muller a pasada madrugada, sobre as tres da mañá

Policía Local Redondela (Vigo) Policía Local Redondela (Vigo)
G24.gal 12/03/2026 10:53

A Policía Local de Redondela sorprendeu unha muller conducindo drogada polo centro urbano e incumprindo todos os requisitos administrativos para facelo.

Segundo informou este xoves, a Policía deu o alto á muller a pasada madrugada, sobre as tres da mañá.

A muller circulaba sen o seguro obrigatorio, coa ITV caducada desde o ano 2024 e sen ter o permiso de conducir vixente desde o ano 2022, razóns todas elas polas que está a ser investigada.

Ademais, sometida á proba de detección de drogas, a condutora lanzou un resultado positivo indiciario.

Non foi o único positivo que detectou nas últimas horas a Policía Local de Redondela, pois tamén deu o alto a un condutor na zona de Chapela que deu positivo por inxesta de alcol, lanzando unhas taxas de 0,99 e 0,94 mg/l de aire expirado, de modo que será citado para xuízo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade