Cargando resultados...
Aparece un cadáver en avanzado estado de descomposición nun inmoble en ruínas de Vigo
Trátase dunha vivenda en estado de ruína onde ás veces pasan a noite indixentes ou ocupas
Ao parecer o corpo levaba días no lugar
Momento da retirada do cadáver do edificio da rúa Poboadores (TVG)
G24.gal
29/04/2026 18:06
Última actualización 29/04/2026 19:21
Axentes da Policía Nacional e da Policía Local desprazáronse ata o número 47 da rúa Poboadores de Vigo, inmoble onde apareceu un cadáver na tarde deste mércores.
Trátase dunha vivenda en estado de ruína onde ás veces pasan a noite indixentes ou ocupas.
Ao parecer o corpo levaba días no lugar, aínda que é algo que deberá determinar a autopsia, segundo fontes da Policía Nacional.
Ata o punto desprazáronse efectivos da Policía Científica e o forense. Á espera de que se lle practique a autopsia, as mesmas fontes precisan que o cadáver non parece presentar signos de violencia.