Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos dous mozos tras unha perigosa persecución policial polas rúas de Vigo

Detidos dous mozos tras unha perigosa persecución policial polas rúas de Vigo

Dáse a circunstancia, ademais, de que o piloto conducía sen permiso de circulación e baixo os efectos das drogas e o alcol

Aínda que nun primeiro momento parecía que o vehículo ía deterse, o condutor acelerou bruscamente e emprendeu a fuxida

G24.gal 23/06/2026 13:22

Dous mozos, un veciño do Porriño e de 22 anos, e o outro veciño de Ponteareas e de 28, foron detidos en Vigo tras fuxir da Policía Local nunha perigosa persecución por diferentes rúas da cidade. Dáse a circunstancia, ademais, de que o piloto conducía sen permiso de circulación e baixo os efectos das drogas e o alcol.

Os feitos, segundo informou este martes a Policía, tiveron lugar o pasado día 20 de xuño, cando unha patrulla deu o alto a un turismo ocupado por tres persoas. Aínda que nun primeiro momento parecía que o vehículo ía deterse, o condutor acelerou bruscamente e emprendeu a fuxida, obrigando un dos policías a apartarse para evitar ser atropelado.

A partir dese momento iniciouse unha persecución por varias rúas da cidade en dirección a Teis e o condutor realizou diversas manobras evasivas e desobedeceu reiteradamente as ordes de detención, poñendo en perigo a seguridade do resto de usuarios da vía. A fuga concluíu cando dúas patrullas da Policía Local lograron interceptar e bloquear o turismo.

A pesar das ordes para apagar o motor e abandonar o vehículo, os ocupantes negáronse a colaborar, polo que os axentes tiveron que proceder a sacalos do coche, momento en que o condutor intentou escapar a pé, aínda que foi interceptado de inmediato. Tanto el como o copiloto mantiveron unha actitude agresiva e desafiante cara aos policías, chegando mesmo a forcexar con eles antes de ser reducidos.

Unha vez identificado, o condutor foi sometido as probas de alcol e drogas, nas que deu positivo en ambas as; ademais, os axentes comprobaron que carecía do correspondente permiso de condución. Por estes feitos foron detidos o condutor e o copiloto como presuntos autores de delitos contra a seguridade viaria, desobediencia grave, resistencia e atentado contra a autoridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar