Decidiron deixar a urna funeraria no súper mentres tiñan obras na casa
A Policía Local de Benidorm conseguiu localizar a familia e devolverlle as cinsas
Quedou resolto o misterio da urna funeraria atopada nun supermercado de Benidorm. A Policía Local acabou dando cos propietarios e puido devolverlles as cinsas.
Resulta que non é que esqueceran a urna no súper, senón que a deixaran alí, metida nun armario, por un motivo concreto. E iso era o sorprendente do caso, porque ser non era a primeira urna que atopan.
"Ás veces o mar devolve urnas que flotan e atopámolas na beira da praia", conta o portavoz da Policía Local, Quique Tortosa
Pero esta urna funeraria apareceu nun lugar insólito. Atopouna este luns unha encargada de supermercado cando revisaba os armariños que usan os clientes. E chamou á policía, que colleu a urna.
"Metémola no coche patrulla e comezamos as xestións para tentar localizalos"
Tentaron localizar os propietarios difundindo imaxes do recipiente con cinsas aparentemente esquecido. Solicitaron a colaboración cidadá. Non tiñan éxito, así que xa ían aplicar a normativa.
"E seguir o que di a ordananza de cemiterios da cidade de Benidorm", explica o policía
Pero ao final non fixo falta levar a urna ao cemiterio, porque este martes resolveron o misterio. Logo de mirar en bases de datos policiais, atoparon os propietarios e puideron devolverlles as cinsas.
Resulta que non esqueceran a urna no súper, senón que consideraron que o súper era un lugar seguro para deixala mentres facían reformas na casa.