Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa escolleches lugar para ver a eclipse total de Sol? Este xoves foi o mellor día para facelo

Xa escolleches lugar para ver a eclipse total de Sol? Este xoves foi o mellor día para facelo

Este xoves, ao ser día espello do 12 de agosto, foi o día ideal para comprobar se desde un lugar concreto ou facilmente accesible, que estea á man, se poderá ver 

Se sete minutos antes das 20:30 puideches ver o sol sen obstáculos, como montañas ou edificios, o 12 de agosto terás a mesma vista desde ese mesmo lugar

Comproba en que franxa está o teu municipio no mapa interactivo de Turismo de Galicia 

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías desenvolve unha ferramenta de realidade virtual para 'ensaiar' a eclipse solar

EFE/Kiko Delgado. EFE/Kiko Delgado.
G24.gal 30/04/2026 21:26 Última actualización 30/04/2026 21:59

Galicia será un dos mellores lugares para ver a eclipse total de Sol do 12 de agosto.

Este xoves 30 de abril pola tarde, a nosa estrela estivo practicamente na mesma posición no ceo, así que foi o mellor momento para comprobar se o lugar elixido para a observación é o máis adecuado.

A eclipse será cara ás 20:30 horas -varía lixeiramente segundo a localización-, un momento no que o Sol estará moi baixo, por iso xa aconsellamos buscar un lugar no que nada entorpeza a súa visión.

Elixir o bo lugar é fundamental na franxa de totalidade (onde o Sol estará tapado ao cento por cento pola Lúa) pois esa fase só durará un minuto e medio ou dous, dependendo de onde esteamos.

A eclipse será total nunha franxa que cruza as comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Castela e León, Madrid, Castela-A Mancha, Cantabria, A Rioxa, País Vasco, Navarra, Aragón, Cataluña, Valencia e As Baleares.

Fóra desa área a eclipse será parcial e a súa duración será aproximadamente dunha hora.

As mellores zonas para observar a eclipse en Galicia

 En todo o país, Lugo é a provincia con maior presenza na franxa de totalidade. A provincia da Coruña contará con boa parte do territorio incluído na franxa de totalidade. Así, a cidade da Coruña está en totalidade e tamén moitos municipios da área metropolitana e do norte e do interior. No suroeste e nalgunhas zonas costeiras a eclipse pode quedar en parcial.

Ourense será maioritariamente parcial, con totalidade nalgúns municipios. A totalidade concéntrase sobre todo no leste/sueste (Valdeorras e zonas de montaña), mentres que na contorna de Ourense cidade e boa parte do resto predomina a eclipse parcial.

Na de Pontevedra predominará a eclipse parcial, con totalidade só en municipios concretos do interior, que son Rodeiro, Agolada e Viladecruces. O mapa interactivo de Turismo de Galicia (www.turismo.gal) permite comprobar que municipios están en cadansúa franxa.

Como sempre, para mirar directamente o Sol hai que levar unhas lentes especiais e homologadas, aínda que esta tarde basta con comprobar se o sitio elixido está iluminado pola estrela, sen mirala de fronte.

O do próximo 12 de agosto é o primeiro do chamado Trío de Eclipses, que se completará con outro total o 2 de agosto de 2027, e un anular, o 26 de xaneiro de 2028. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade