Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan en bo estado de saúde o home de 85 anos que desaparecera en Coirós

Localizan en bo estado de saúde o home de 85 anos que desaparecera en Coirós

Desde o xoves fixéronse batidas coordinadas pola Garda Civil e o dispositivo reforzouse este venres cun helicóptero e con drons

O home padece alzhéimer e na última comunicación que houbera coa familia dixera que caera nun monte

G24.gal 07/08/2026 20:41 Última actualización 07/08/2026 20:53

O operativo de busca coordinado en Coirós pola Garda Civil para localizar a Jesús María Corral, un home de 85 anos de idade que padece alzhéimer, rematou con éxito despois de localizalo en bo estado de saúde preto do centro da localidade. 

O 112 Galicia informou de que tivo constancia da incidencia a través das chamadas de varios particulares, sobre as 20:45 horas deste xoves, e comezou a busca na zona do Fontelo, en Santa María de Ois, en Coirós. 

Fixéronse batidas coordinadas pola Garda Civil e o dispositivo reforzouse este venres cun helicóptero e con drons. 

Nas tarefas de busca participaron efectivos da Garda Civil, as Agrupacións de Protección Civil de Betanzos e Abegondo e unha vintena de veciños e familiares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade