Buscan un home de 85 anos desaparecido nunha zona de monte en Coirós
Unha das persoas que alertou o 112 precisou que o home faltaba desde a tarde e que conseguiran falar con el por teléfono, polo que puido caer nunha leira
Garda Civil
Un operativo coordinado pola Garda Civil busca a Jesús María Corral, un home de 85 anos de idade e que padece alzhéimer que podería sufrir unha caída no monte, na zona do Fontelo, en Santa María de Ois, en Coirós.
O 112 Galicia informou de que tivo constancia da incidencia a través das chamadas de varios particulares, sobre as 20:45 horas deste xoves.
Garda Civil
Un dos alertadores precisou que o home faltaba desde a tarde e que conseguiran falar con el por teléfono, polo que puido caer nunha leira.
O Instituto Armado detallou que o octoxenario adoita vestir camisa amarela de cadros e pantalón longo.
Nas tarefas de procura participan a Garda Civil, as Agrupacións de Protección Civil de Betanzos e Abegondo e unha vintena de veciños e familiares.