Publicador de contidos

Publicador de contidos

Consellos da Garda Civil para un verán seguro nas festas

Consellos da Garda Civil para un verán seguro nas festas

Para garantir que as saídas e festas no verán son seguras, a Garda Civil acaba de publicar unha serie de pautas para evitar riscos pola noite

Unha delas é a de non deixar nunca a copa abandonada para evitar o que se coñece como submisión química

G24.gal 06/08/2026 14:05

As vacacións permiten máis tempo de festa e saídas nocturnas. Momentos de diversión en que a Garda Civil dá unha serie de consellos para detectar condutas de risco e previr así agresións sexuais ou mesmo a submisión química, cando botan algunha droga na bebida que pasa desapercibida. 

Insisten en que non se trata de ser alarmistas, pero recomendan previr e desconfiar de quen insiste en ofrecer unha bebida que estivo fóra da nosa vista ou trata de afastarnos do grupo de amigos. Tamén aconsellan levar sempre a batería do móbil cargada e non deixar a ninguén só se bebeu demasiado.

As novas tecnoloxías poden ser unha ferramenta de seguridade ao compartir a localización en tempo real con persoas de confianza. A responsabilidade nunca é das vítimas, pero a realidade demostra que a mocidade aprende a extremar precaucións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade