Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Terra Chá, un dos lugares óptimos para contemplar a eclípse de agosto

A Terra Chá, un dos lugares óptimos para contemplar a eclípse de agosto

O Concello de Vilalba vai repartir lentes protectoras e anima a veciños e turistas a achegarse á capital da Terra Chá para gozar do fenómeno astronómico

G24.gal 06/04/2026 13:58

Vai quedando menos para que chegue o fenómeno astronómico do século en Galicia e quen máis quen menos xa está facendo preparativos, sexan grandes cidades ou concellos máis modestos. É o caso de Vilalba, que vai mercar lentes de protección para os veciños e que está a buscar os lugares máis adecuados para recomendar a contemplación do evento.

A provincia de Lugo vai ser un dos lugares de España onde mellor se poderá observar o 12 de agosto ese minuto e medio de escuridade que ninguén se quere perder. 

Os lugares cun horizonte oeste despexado permitirán contemplar mellor a eclipse. E aí está a Terra Chá. Na capital da Chaira xa se preparan.

"Que a xente veña a Vilalba gozar porque vai ser un dos lugares onde se vai ver ao cen por cento. Vai durar un minuto e trinta e cinco e vai ser un espectáculo único a nivel case mundial porque vai ser das poucas zonas nas que se vai poder ver ao completo, di Luis Fernández, concelleiro de Medio Ambiente de Vilalba. 

Están buscando as mellores localizacións como suxestión. Unha delas o miradoiro Monseivane a 950 metros de altitude.   

"Dende Monseivane vese toda a Terra Chá nos días despexados".

"A vista é espectacular e veríase unha eclípse de 360 graos. O malo é chegar ata alí porque nun vehículo normal non se pode", di o concelleiro de Medio Ambiente

"Habería que subir, pois a pé. Pero as opcións son moitas. No campo tranquilamente podemos mirar a eclipse. Pola Charca do Aligal. Toda esa zona é bonita. Na Torre do Parador, se nos deixan subir, o Monseivane e Goia en Xermade", comentan varios veciños

O Concello vai mercar e distribuír unhas 1.700 lentes de protección para ver o fenómeno con seguridade. 

Tamén na zona urbana buscan localización que ademais contarán con animación musical. Pensando mesmo xa  no repertorio. 

"Podemos falar de 'Osíxeno' de Jarret, podemos falar de 'Eclípse' de Pink Floyd e outros temas máis para o momento da eclipse. Haberá que empezar ás sete e media con música para facer unha introdución do acto final, que será sobre as oito e media, e a partir de aí cambiar o tipo de música para acabar coma calquera outro dia de festa", di Luis Fernández

Pois se chegada a noite non hai nubes, a festa pode ser dobre, porque en apenas horas, tras a eclipse, haberá chuvia de perseidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade