Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres mortos e catro feridos, dous deles nenos, nun incendio en Miranda de Ebro

Tres mortos e catro feridos, dous deles nenos, nun incendio en Miranda de Ebro

O lume comezou contra as 22:45 da noite nun edificio situado nesta localidade burgalesa

Os feridos, tres mulleres e dous nenos de 7 e 11 anos, foron trasladados a un centro hospitalario

EFE/David Pérez EFE/David Pérez
G24.gal 11/03/2026 08:21

Tres persoas morreron e outras catro quedaron feridas, dúas delas menores de idade, nun incendio declarou ao redor das 22:45 deste martes nun edificio de Miranda de Ebro (Burgos) por causas que se descoñecen.

O servizo autonómico de emerxencias 112 recibiu varias chamadas que alertaban dun incendio nun edificio e advertían que polo menos dúas persoas estaban atrapadas no seu interior

Desde o 112 avisaron a Policía Nacional e a local, os bombeiros e as emerxencias sanitarias.

No lugar foron atendidas sete persoas, dúas delas morreron no intre e outras cinco foron trasladadas a un hospital. Unha delas faleceu como consecuencia da gravidade das feridas.

Os feridos, tres mulleres de 58, 30 e 23 anos, un neno de 11 e unha nena de 7 anos, foron trasladados a un centro sanitario.

O concelleiro de Seguridade do Concello de Miranda, Pablo Gómez, asegura que polo momento se descoñecen as causas do incendio.

A alcaldesa declarou tres días de loito oficial e convocou un minuto de silencio este mediodía polas vítimas.

O presidente da Xunta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco,  transmitiu o seu pésame e agarimo ás familias dos falecidos  a través dunha mensaxe na rede social X.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade