Publicador de contidos

Publicador de contidos

A maxia do Nadal chega a Viana do Castelo co acendido da súa iluminación

A maxia do Nadal chega a Viana do Castelo co acendido da súa iluminación

Faino unha semana antes ca Vigo

Este ano amplían as rúas e os espazos con decoración natalicia cun total de 36 monumentos iluminados

G24.gal 08/11/2025 21:39 Última actualización 08/11/2025 21:49

Viana do Castelo, un dos municipios do norte de Portugal máis próximos a Galicia, deu xa o disparo de saída ao Nadal.

Cun pequeno atraso de cinco minutos sobre o horario previsto, ás sete da tarde deste sábado, hora galega, ante centos de persoas expectantes prendían as luces do Nadal, unha semana antes ca en Vigo.

Viana do Castelo é unha das vilas máis madrugadoras do país veciño, a instalación da avenida dos Combatentes é a máis vistosa.

Outro dos puntos que concentra maior atracción é a árbore instalada nos xardíns da Mariña. Este ano amplíanse as rúas e os espazos con decoración, cun total de 36 monumentos. A capela das Almas e a catedral súmanse a este mundo de luz e cor.

Espectáculos multimedia complementan a iluminación que se alongará ata o 12 de xaneiro co obxecto de dinamizar o comercio e a economía da capital do alto Miño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade