Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Vigo piden que se retiren as casetas do mercado de Nadal

Os veciños de Vigo piden que se retiren as casetas do mercado de Nadal

Un mes despois do apagamento das luces os adornos seguen no mesmo lugar

Levan 4 meses sen poder usar os xardíns da Alameda

O Concello di que seguirán coa súa retirada cando pasen as alertas meteorolóxicas

G24.gal 17/02/2026 14:15

En pleno entroido, Vigo aínda respira Nadal. Na zona da Alameda continúan instaladas as casetas do mercado. Un mes despois de que se apagaran as luces, esta zona segue ocupada por ferros, estruturas e mesmo por unha árbore de grandes dimensións.

En xaneiro comezou a desmontaxe das casetas, pero pouco despois os operarios pararon e todo quedou no mesmo lugar.

A zona do parque continúa pechada. Son 4 meses xa sen poder utilizala e sen poder gozar deste espazo de lecer. Hai quen salta o precinto para pasar ao outro lado. 

Os veciños cren que pode ser o mal tempo o que non permite que se retiren os elementos de Nadal. Dende o Concello aseguran que continuarán coa retirada de todolos adornos que quedan do Nadal en canto pasen as alertas meteorolóxicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade