Ferida unha muller en Begonte ao sufrir un accidente cunha aixada mecánica
A perna quedoulle atrapada entre as coitelas da máquina que se emprega para remover a terra
Bombeiros do parque de Vilalba e efectivos do Ges Friol-Palas conseguiron liberala
A muller, veciña de Begonte, sufriu o accidente preto da súa casa, no lugar en Fondevilla, na parroquia de Gaibor.
Quedoulle unha perna atrapada entre as coitelas dunha motoaixada antiga
A muller puido sufrir unha caída cando sacaba a máquina dun pendello, unha aixada mecánica antiga, que lle provocou unha ferida grave na perna ao quedarlle atrapada entre as súas coitelas.
Levaba consigo o teléfono móbil e puido pedir axuda
Bombeiros do parque comarcal de Vilalba e efectivos do GES Friol-Palas conseguiron liberar a muller, que foi trasladada en ambulancia ao Hospital Universtario Lucus Augusti.
Ademais de persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o 112 mobilizou tamén á Garda Civil.
Os motocultores dispoñen de elementos que protexen máis das coitelas
Este tipo de accidentes son pouco frecuentes coas máquinas actuais, porque contan con sistemas de seguridade como o mando de man morta e, no caso dos motocultores, dispoñen de elementos para protexerse das coitelas.