Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha persoa sepultada tras o derrubamento dunha torre en Roma

Unha persoa sepultada tras o derrubamento dunha torre en Roma

Unha primeira derruba durante as obras de rehabilitación deixou varios traballadores feridos, un deles grave

Durante os traballos de rescate produciuse un segundo colapso

G24.gal 03/11/2025 20:50

A Torre dei Conti de Roma foi escenario dun dobre derrubamento mentres estaba sendo rehabilitada. Unha primeira derruba deixou varios traballadores feridos, un deles en estado grave.

A segunda produciuse en pleno operativo de rescate, cando os bombeiros buscaban un traballador que quedou sepultado baixo os cascallos. As autoridades aseguran que esta persoa dá sinais de vida, pero avanzan que o rescate será longo polo risco de colapso da construción. 

A Torre dei Conti, unha torre medieval levantada no século XIII por orde papal, está situada en pleno centro de Roma, preto do Coliseo e do Foro Romano. Desde o 2006, a torre permanecía inutilizada e sen traballos de mantemento. As tarefas de rehabilitación estaban enfocadas na seguridade da torre e na súa conservación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade