Publicador de contidos

Publicador de contidos

O conflito dos autobuses da provincia da Coruña non se pecha

O conflito dos autobuses da provincia da Coruña non se pecha

O 66 % do persoal do transporte de viaxeiros por estrada rexeita o preacordo subscrito por UXT e CCOO coa patronal

UXT respecta o mandato e anuncia un proceso de análise para dar os pasos que decidan as afiliadas e os afiliados

A CIG quere volver negociar canto antes e di que traballará para recompoñer a unidade sindical

G24.gal 04/02/2026 23:38 Última actualización 05/02/2026 07:53

O sector do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña rexeitou o preacordo subscrito por UXT e CCOO coa patronal. Nunha xornada de votación marcada pola alta participación, os traballadores rexeitaron de forma maioritaria o preacordo alcanzado entre a patronal e os sindicatos UXT e CCOO.

O resultado deixa o conflito nun punto crítico, xa que se non hai un novo movemento antes do luns 9 de febreiro, a provincia enfrontarase a unha folga indefinida que paralizará o servizo de autobuses e o transporte escolar.

UXT respecta o mandato e anuncia un proceso de análise para dar os pasos que decidan as afiliadas e os afiliados. Pola súa banda, a CIG quere volver negociar canto antes e di que traballará para recompoñer a unidade sindical.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade