Publicador de contidos

Publicador de contidos

A folga convocada polo Sindicato Ferroviairo para este luns cancela 320 trens

A folga convocada polo Sindicato Ferroviairo para este luns cancela 320 trens

Haberá servizos mínimos do 73% en Alta Velocidade

Os trens de Media distancia terán servizos do 65% 

G24.gal 28/06/2026 20:32 Última actualización 28/06/2026 21:50

 Renfe interromperá este luns 29 de xuño un total de 320 trens entre os servizos de Alta Velocidade, Media Distancia e Proximidades con motivo da folga convocada polo Sindicato Ferroviario. Segundo os servizos mínimos publicados polo Ministerio de Transportes, Renfe deixará activos 262 convois de Alta Velocidade e Longa Distancia, permitindo o 73% da mobilidade habitual.

Ademais circularán 420 trens de Media Distancia, operando tan só o 65% das viaxes programadas. No caso dos Proximidades, a súa operativa reducirase á metade e tan só se ofrecerá o 75% do servizo regular en horas punta.

Ante esta situación, a operadora ofrécelles aos pasaxeiros a posibilidade de viaxar no tren máis próximo ao seu horario orixinal ou, se así o prefiren, cambiar ou cancelar o billete sen ningún custo a través das súas canles habituais de venda. O listado de trens que van circular en Galicia nas próximas horas é o seguinte:

Na Media Distancia 

Vigo-Urzaiz-A Coruña (21:50 do domingo 28 - 00:10 do luns)

Ribadeo-Ferrol (6:55 - 10:00)

Ferrol - Ribadeo (19:05 - 22:15)

Ferrol-Oviedo (8:20 - 15:42)

Oviedo - Ferrol (7:19 - 14:44)

A Coruña - Ourense (5.05 - 7:03)

A Coruña - Ourense ( 7:00 - 8:56)

A Coruña - Ourense ( 10:40 - 12:38)

Ourense - A Coruña (12:40 - 14:30)

Ourense - A Coruña ( 14:25 - 16:15)

Ourense - A Coruña ( 16:40 - 18:30)

A Coruña-Ourense (16:30 - 18:28)

A Coruña-Ourense (20:15 - 22:13) 

A Coruña-Ourense (14:25 - 16:23)

Ourense-A Coruña (6:40 - 8:30)

Ourense-A Coruña (7:50 - 9:40)

Ourense-A Coruña (19:00 - 20:50)

Vigo-Urzaiz-A Coruña (6:34 - 8:50)

A Coruña-Vigo-Urzaiz (6:15 - 8:40) 

Vigo-Urzaiz-A Coruña (8:00 - 10:10) 

A Coruña-Vigo-Urzaiz (7:15 - 9:27)

A Coruña-Vigo-Urzaiz (8:15 - 10:27)

Vigo-Urzaiz-A Coruña (10:35 - 12:45)

A Coruña-Vigo-Urzaiz (11:15 - 13:27)

Vigo-Urzaiz-A Coruña (13:40 - 16:00)

A Coruña-Vigo-Urzaiz (13:20 - 15:42)

A Coruña-Vigo-Urzaiz (14:15 - 16:27)

Vigo-Urzaiz-A Coruña (16:30 - 18:40)

Vigo-Urzaiz-A Coruña (17:40 - 19:45) 

A Coruña-Vigo-Urzaiz (16:15 - 18:27)

Vigo-Urzaiz-A Coruña (18:15 - 20:25)

A Coruña-Vigo-Urzaiz (17:15 - 19:26)

Vigo-Urzaiz-A Coruña (19:35 - 21:45)

Vigo-Urzaiz-A Coruña (21:50 - 0:10)

A Coruña-Vigo-Urzaiz (20:55 - 23:23)

A Coruña-Vigo-Guixar (4:45 - 7:41)

A Coruña-Vigo-Guixar (14:54 - 17:54)

A Coruña-Vigo Guixar (12:00 - 15:00) 

Vigo-Guixar-A Coruña (9:15 - 12:10)

Vigo-Guixar-A Coruña (20:28 - 23:20)

Vigo Guixar-Ponferrada (8:30 - 14:00)

Ponferrada-Vigo Guixar (16:05 - 21:33)

A Coruña-Ourense (7:05 - 10:49)

A Coruña-Ferrol (12:40 - 13:58)

Ferrol-A Coruña (14:15 - 15:32)

A Coruña-Ferrol (23:05 - 0:12)

Ourense-Santiago de Compostela (16:47 - 18:27)

Santiago de Compostela-Ourense (18:47 - 20:28)

Ourense-A Coruña (19:50 - 23:31)

Vigo-Urzaiz-A Coruña (5:08 - 7:45)

Na Longa Distancia 

Santiago de Compostela-A Coruña (23:28 do domingo - 0:43 do luns)

Chamartín - Clara Campoamor-Lugo (13:20 -17:58)

Vigo-Urzaiz-Barcelona-Sants ( 7:32 - 21:40)

Barcelona-Sants-Vigo-Urzaiz (9:05 - 22:57)

Chamartín - Clara Campoamor-Santiago de Compostela (6:30 - 9:56)

Chamartín - Clara Campoamor-Vigo-Urzaiz (11:17 - 15:16)

Chamartín - Clara Campoamor-Santiago de Compostela (14:40 - 17:42)

Chamartín - Clara Campoamor-Vigo-Urzaiz (15:32 - 19:44)

Chamartín - Clara Campoamor-Santiago de Compostela

Chamartín - Clara Campoamor-Vigo-Urzaiz (18:06 - 22:29)

Chamartín - Clara Campoamor-Santiago de Compostela (19:17 - 22:19)

Chamartín - Clara Campoamor-Santiago de Compostela (20:23 - 23:25)

Alacant-Terminal-Ourense (7:24 - 12:18)

Lugo-Chamartín - Clara Campoamor (5:18 - 10:20)

Santiago de Compostela-Chamartín - Clara Campoamor (7:43 - 10:52)

Ourense-Alacant-Terminal ( 16:25 - 21:28)

Vigo-Urzaiz-Chamartín - Clara Campoamor (5:50 - 9:55)

Santiago de Compostela-Chamartín - Clara Campoamor (5:47 - 8:56)

Santiago de Compostela-Chamartín - Clara Campoamor (11:48 - 14_57

Santiago de Compostela-Chamartín - Clara Campoamor (16:26 - 19:58)

Vigo-Urzaiz-Chamartín - Clara Campoamor (17:25 - 21:27)

Santiago de Compostela-Chamartín - Clara Campoamor (20:05 - 23:14)

Vigo-Urzaiz-Chamartín - Clara Campoamor (9:44 - 14:15)

A Coruña-Santiago de Compostela (6:25 - 7:40)

A Coruña-Santiago de Compostela (4:29 5:44)

Santiago de Compostela-A Coruña (17:45 - 19:00)

Santiago de Compostela-A Coruña (10:01 - 11:16)

Santiago de Compostela-A Coruña (20:21 - 21:36)

Santiago de Compostela-A Coruña (22:22 - 23:37)

Santiago de Compostela-A Coruña (23:28 - 0:43)

A Coruña-Santiago de Compostela (10:30 - 11:45)

A Coruña-Santiago de Compostela (15:08 - 16:23)

A Coruña-Santiago de Compostela (18:47 - 20:02)

O motivo da folga

A xornada de folga convocada polo Sindicato Ferroviario é a primeira das dúas folgas de 24 horas que se van a producir , a segunda será o próximo 15 de xullo, coincidindo coa saída de vacacións de moitos viaxeiros. Na orixe do conflito laboral está o desacordo sobre o futuro de Renfe Mercadorías. O sindicato convocante acusa á empresa de impulsar un "abandono premeditado" do servizo e oponse á creación dunha sociedade mixta con Medway, pertencente ao grupo MSC.

Desde a organización expresan que non se están seguindo os acordos de desconvocatoria de folga aos que se chegaron o 23 de novembro de 2023 co Ministerio de Transportes, así como os pactos de marzo de 2025 ao recortar o volume de traballo desta filial.

O sindicato asegura que se están vulnerando as garantías socio-laborais do persoal no proceso de busca dun socio estratéxico para Renfe Mercadorías. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade