Publicador de contidos

Publicador de contidos

Plus Ultra prepara o seu peche e o despido dos 659 traballadores

Plus Ultra prepara o seu peche e o despido dos 659 traballadores

A aeroliña reuniuse co sindicato USO Sector Aéreo e o de tripulantes de cabina Sitcpla

A empresa suspendeu todas as súas operacións en pleno preconcurso

G24.gal 26/11/2026 20:27

Plus Ultra comunica este xoves aos sindicatos a súa intención de pechar a operativa e despedir aos 659 traballadores. A noticia foi comunicada pola aeroliña nunha reunión xunto aos sindicatos USO Sector Aéreo e o de tripulantes de cabina Sitcpla. Estes quéixanse das "grandes carencias" da documentación presentada pola empresa destacando que existen importantes cuestións económicas sen aclarar.

Os sindicatos reclaman que non se pode valorar a medida extintiva "sen dispoñer de información suficiente e fiable". As organizacións de traballadores aseguran que temíanse estas medidas despois de que Plus Ultra anunciara esta semana a súa decisión de suspender todas as súas operacións aéreas.

Pese as súas intencións de pechar, Plus Ultra planea reunirse coa Axencia Española de Seguridade Aérea (Aesa) para ver se mantén a AOC, o permiso para operar como aeroliña.

USO pon o foco no nas "importantes deficiencias de información" e dende o sindicato engaden que incluso a Dirección Xeral de Traballo da Comunidade de Madrid manifestou a necesidade de completar a documentación mediante o correspondente requeremento da empresa.

Como consecuencia, USO defende que o procedemento debería reiniciarse e tramitarse "dende o principio" cumplindo todos os requisitos formais e documentais legalmente esixibles. Deste xeito, os traballadores poderían coñecer "realmente" a situación da compañía e "valorar as medidas que pretende adoptar".

Con todo, dende USO Sector Aéreo defenden que "non vamos a dar por boa unha documentación insuficiente nin a aceptar que a urxencia por pechar a empresa substitúa as garantías legais dos traballadores".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade