Cargando resultados...
A caída dunha árbore sobre unha furgoneta provoca un ferido na A-55 no Porriño
O tráfico restableceuse con normalidade na zona tras a retirada da árbore
G24.gal
04/02/2026 11:02
Accidente na A-55 no Porriño. Pasadas as 9:40 horas, un particular alertou o 112 Galicia da caída dunha árbore sobre unha furgoneta que circulaba polo quilómetro 22 desta vía, á altura da parroquia de Budiño, en sentido Tui. Como consecuencia do impacto, o condutor precisou asistencia sanitaria.
Os bombeiros do Porriño e os servizos de emerxencias desprazáronse de inmediato ao lugar para retirar a árbore da calzada e normalizar o tráfico.
No operativo participaron, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil do Porriño e os servizos de mantemento da autovía.