Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigadas dúas menores en Carballo por agredir un compañeiro e gravalo

Investigadas dúas menores en Carballo por agredir un compañeiro e gravalo

A Garda Civil lembra que que aínda que as autoras dos feitos teñan 14 anos, non exime da posible responsabilidade civil
 

Foto de arquivo /Garda Civil/Ministerio do Interior Foto de arquivo /Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 14/04/2026 10:08 Última actualización 14/04/2026 11:32

A Garda Civil investiga dúas menores veciñas de Carballo como supostas coautoras dun delito de lesións e outro de trato degradante ao participar nunha agresión a un compañeiro, informou este martes o instituto armado.

Segundo a mesma fonte, a investigación iniciouse tras a denuncia da agresión sufrida por outro menor o pasado 11 de marzo á saída do centro escolar no que cursan os seus estudos.

Así, os gardas civís corroboraron que na agresión participaron tres menores, un deles o que golpeou a vítima, inimputable penalmente por ser menor de 14 anos, e outras dúas compañeiras que instigaron de forma activa e persistente o agresor para que continuase coa súa acción, gravando a agresión e difundíndoa posteriormente por unha aplicación de mensaxería instantánea.

Tras a identificación dos supostos autores da agresión, procedeuse á investigación das dúas menores como supostas coautoras dun delito de lesións e outro de trato degradante.

A Garda Civil lembra que, aínda que a idade legalmente establecida para ser penalmente imputable é de 14 anos, non exime da posible responsabilidade civil cuxo monto correrá a cargo dos seus titores legais, así como que a gravación e difusión de vídeos sen autorización pode constituír unha infracción á Lei de protección de datos de forma autónoma. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade