Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interveñen en Foz 36 quilos de ollomol que non alcanzaba a taxa mínima regulamentaria

Interveñen en Foz 36 quilos de ollomol que non alcanzaba a taxa mínima regulamentaria

Tamén se fixo denuncia por unha suposta infracción da normativa pesqueira de Galicia, que será remitida á Consellería do Mar

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 28/05/2026 14:18

A Garda Civil, en colaboración con gardacostas da Consellería do Mar, interviñeron en Foz 36 quilogramos de ollomol que non alcanzaba a talla mínima regulamentaria. En concreto, a actuación policial desenvolveuse este mércores no quilómetro 34 da estrada nacional N-642.

Todo iso no marco dos controis conxuntos que habitualmente realizan as patrullas do servizo de protección da natureza (Seprona) da Comandancia da Garda Civil de Lugo e os inspectores do Servizo de Gardacostas da Xunta.

Nesta ocasión, unha patrulla do Seprona e un inspector do servizo de Gardacostas con base en Celeiro inspeccionaron a carga dun camión que transportaba pescado con destino a Santander e atoparon dez caixas con 76 exemplares de ollomol no seu interior, dos cales 72 non alcanzaban a talla mínima regulamentaria.

Como resultado da actuación procedeuse á intervención do peixe, así como á confección da acta de denuncia por unha suposta infracción da normativa pesqueira de Galicia, que será remitida á Consellería do Mar.

Con todo, o Instituto Armado informou nun comunicado de que os exemplares intervidos se entregaron á residencia e centro de día de Foz e ao centro de menores Santo Aníbal de Burela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade