Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soldador, un oficio con futuro laboral garantido

Soldador, un oficio con futuro laboral garantido

Galicia exporta soldaduras para empresas estratéxicas de todo o mundo no ámbito da defensa, aeroespacial e científico

Unha das profesións con máis saída laboral é a de soldador
G24.gal 31/08/2026 15:07

Hai 50 anos naceu en Bamio, Vilagarcía esta empresa familiar do sector metalmecánico. Fabrican compoñentes e equipamento industrial para empresas claves de sectores estratéxicos.

 "Estamos facendo cousas que están voan polo espazo, en plataformas petrolíferas, xa sexa no mundo da defensa, no acelerador de partículas no CERN . Poder facer iso dende Bamio é unha cousa que me enche de fachenda e eu sei que aos traballadores da empresa tamén lles enche de moita fachenda, poder ver que o que están facendo aquí en Bamio, realmente vai ao mundo" , explica Adrián García, presidente de Thune Eureka

Entre eses traballadores están os soldadores, unha profesión moi demandada pola falta de remuda xeracional

"O traballador ideal é unha persoa que ten esa vocación e esa formación na parte de soldadura, calderería, mecanizado. Cústanos moito atopar agora un pouco esa seguinte xeración pero a xente que ven e que ven con ganas realmente hai un mundo fascinante", engade

Esta é unha das empresas que forman parte da Estratexia Aeroespazo Seguridade e Defensa do Goberno galego que busca consolidar a Galicia como un polo de referencia en tecnoloxías duais de uso civil e militar.

 "O que pretendemos é apoiar ao empresariado galego para que pouco a pouco vaia entrando neste mundo, ás veces complicado e para as empresas do mundo civil que é a seguridade e a defensa", apunta María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria.

Este luns recibiron a visita da conselleira de Economía e Industria.

"Temos 40 millóns de euros lanzados para apoiar consorcios empresariais galegos onde os produtos ou os servizos que estean nas últimas fases da innovación se desenvolvan por estes consorcios empresariais e se fabriquen na comunidade autónoma xerando polo tanto máis emprego industrial en Galicia", avanza a conselleira.

Nesta empresa exportan o 99% de todo o que fabrican. Aquí non hai traballo en serie. No valor humano está todo o seu potencial.

"A xente que realmente ven aquí con ganas e con formación ten unha carreira enteira por desenvolver", conclúe o CEO da empresa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade