Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan os ataques con candorcas nas Rías Baixas

Continúan os ataques con candorcas nas Rías Baixas

Un dos últimos incidentes teríase evitado se o patrón do veleiro escoitase as recomendacións dos biólogos

G24.gal 31/08/2026 14:08

Continúan as incidencias con candorcas nas Rías Baixas. O último ataque foi este domingo na ría de Vigo. O veleiro Moya tivo que ser escoltado ata Baiona.

Tamén o sábado un veleiro con patrón ucraíno, o Seika, recibiu un impacto doutros dos animais; neste caso o home fora alertado do perigo por un grupo de obvservadores de cetáceos, pero non fixo caso e seguíu camiño de Baiona.

Entre tres e catro interaccións con veleiros e candorcas houbo esta fin de semana, algunha delas con danos nas embarcacións.

Os científicos teñen localizadas un grupo de oito candorcas lideradas pola avoa Toñi. O domingo deixaron sen timón ao Moya que foi remolcado ata o porto deportivo que está no centro de Baiona.

Outro incidente ocorría tamén o sábado e puídose evitar xa que o grupo de estudo para os cetáceos BRDI alertou os participantes na regata Ignacio Montenegro da presenza de candorcas.

Ao mediodía esta embarcación, o Seika, foi golpeada e perdeu o timón. Hoxe repousa no Náutico de Pedras Negras.

Os biólogos aconsellan precaución, reducir ruídos e velocidade e mellorar as condicións de navegabilidade dos veleiros.

A avoa Toñi, a xefa da manada presentou nove disparos nunha das súas aletas. Curisosamente as candorcas apenas atacan barcos e pesca e si veleiros.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade