Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta e as adegas prevén unha vendima "abondosa e de calidade"

A Xunta e as adegas prevén unha vendima "abondosa e de calidade"

Alfonso Rueda visitou este luns a adega Vinos Barco, en Valdeorras

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita un viñedo da cooperativa Viños Barco coincidindo co inicio da vendima (EFE/Brais Lorenzo)
G24.gal 31/08/2026 14:52

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este luns a adega Vinos Barco, en Valdeorras, onde a vendima arrincou o pasado 13 de agosto, a data máis temperá dende que hai rexistros. O xefe do Goberno galego cualificou de estratéxico o sector vitivinícola e dixo que confía en que a recollida de uva deste ano sexa "abondosa e de excelente calidade" en todas as Denominacións de Orixe.

A primeira vendima da Cooperativa Vinos Barco foi nos anos 60 e xa van pola terceira xeración de viticultores; avós amosándolles aos netos a coidar as uvas que se trasformarán nuns meses en viños cada vez máis demandados polo consumidor. Os seus viticultores foron os primeiros de Galicia en elaborar godello, sacando 3.000 botellas no 1975, como explicou durante a visita Xosé Manuel Delgado, presidente da cooperativa.

Alfonso Rueda puxo a esta adega de exemplo dun sector que soubo adaptarse aos novos tempos e animounos a seguir impulsando o enoturismo para crear riqueza e fixar poboación no rural, ademais de coidar o medio natural. En Galicia hai preto de 10.000 viticultores e máis de 440 adegas que elaboran viño con algún selo de identidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade