Publicador de contidos

Publicador de contidos

A seca mingua o ensilado de millo

A seca mingua o ensilado de millo

A seca está provocándolles fortes perdas ás granxas: case non hai pastos e o millo medrou moito menos do habitual pola falta de auga

A maioría dos labregos estiman que terán que comprar alimento para o gando, pero temen que será caro e difícil de conseguir

Gandería Sar, en Touro (TVG)
G24.gal 31/08/2026 15:53

A calor adiantou a vendima... e a seca está provocándolles fortes perdas ás granxas: case non hai pastos e o millo medrou moito menos do habitual, por falta de auga. A maioría dos labregos estiman que terán que comprar alimento para o gando, pero temen que será caro e difícil de conseguir. 

En Bama (Touro) están en pleno ensilado. Pero este ano a seca deixou millo moi pequeno: naceu pero non se logrou de todo.

"Hai zonas onde non se notou tanto, pero algunhas caeu á metade doutros anos", explica Pedro Souto, da Gendería Sar

En Vila de Cruces, Adrián Riádigos sementou este ano pasto de sudán, unha herba da familia do millo moi resistente á seca. Adoita superar o metro e medio de alto en pleno verán, pero desta non chegou nin á metade.

"Case case hai un 60 menos de produción. Non é capaz de aguantar tanta temperatura", explica.

Todas as explotacións toman medidas para prepararse para o inverno e planificar ben a alimentación das vacas. Comprar será difícil porque houbo seca en toda Europa, así que hai que racionar o que hai.

"Estamos dándolles o que xa ensilamos. O que se lles debería dar dentro de dous ou tres meses estamos dándollelo agora. E contidas de comida, non o que elas queiran, coa forraxe que temos almacenada", engade.

"Nós estabamos facendo gran húmido. Este ano será todo para forraxe e non imos facer nada de gran húmido", asegura Pedro Souto.

Os gandeiros ademais non teñen marxe para repercutir os gastos extra nin no leite nin na carne.

"A gran maioría venderá reses máis novas para evitar custos e non arriscarse a perder clientes", asegura Riádigos.

O traballo segue: agardando o inverno ensilando o que deixou o verán.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade