O aparcadoiro da estación de Santiago pecha durante nove meses
As obras para construír o novo aparcadoiro motivaron o peche
Os abonados xa foron avisados hai un mes por carta para deixar os estacionamentos a partir deste martes 1 de setembro
As obras nesta estación de Santiago xa comezaron, pero será este 1 de setembro cando o peche afecte a condutores e abonados que utilizan este aparcadoiro de forma habitual.
Aos abonados chégaballes hai máis dun mes esta comunicación por carta certificada informándoos dos cambios.
E toca buscar alternativas nunha zona por si mesma con moito tránsito de persoas e vehículos. Este aparcadoiro tiña un cento de abonados, a maior parte son viaxeiros, de fóra de Santiago, que se desprazan en tren pero que deixan aquí o seu vehículo para poder moverse pola contorna. Pero tamén é moi usado polos condutores que precisan achegarse ao médico ou mesmo facer recados.
Os taxistas que traballan nesta estación non sabían nada, tampouco como lles fai afectar. O certo é que as obras do novo aparcadoiro desta estación intermodal de Santiago duplicarán o número de prazas, máis de 900, e ocupará unha superficie de 21.000 metros cadrados distribuídos nunha planta baixa e dúas alturas. O seu prazo de execución será de nove meses.