Publicador de contidos

Publicador de contidos

Farmacias de Cambre urxen a creación de prazas de aparcadoiro exprés para clientes

Farmacias de Cambre urxen a creación de prazas de aparcadoiro exprés para clientes

Os condutores terían 15 minutos para facer o recado na botica

Concellos da contorna como Culleredo ou Betanzos, xa dispoñen delas

G24.gal 06/10/2026 14:45

Ir en coche ás farmacias do Temple, en Cambre, pode ser unha misión complicada, sobre todo nas horas punta.

"Nesta zona é difícil aparcar, e como hai unha parada de bus a xente para nela e os poden multar". "A xente móvese en coche e precisa un momento para parar sen ter que pelexar polo aparcamento". "Moitos veñen e non atopan onde aparcar e mesmo se poñen enriba do cebreado, e veñen os locais".

Para evitar estrés e multas, estas boticas levan tempo solicitando un servizo de aparcadoiro exprés para clientes. 

"Os recados da farmacia fanse nuns minutos e así non tes que poñerte en segunda fila, paréceme unha moi boa idea", di un veciño.

Un servizo dispoñible desde hai anos noutros concellos da contorna como Betanzos, Arteixo ou Culleredo. Alí atopamos prazas marcadas cunha cruz verde na que os clientes poden parar ata 15 minutos. En Cambre agardan por elas.

"Hai máis dun par de anos estaban en previsión de facelas. Pero a cousa foise alongando, a xente pregunta e non sabemos que dicir". "Hai xente con problemas de mobilidade ou que o familiar fai o recado pero non pode parar nin un minuto, non temos nada de nada". "A nós concedéronnos unha praza, pero non soubemos máis".

O Concello de Cambre explica que o proxecto non está paralizado, que xa se tomaron as medidas para as prazas e só falta contratar a sinalización. Pero nas boticas do Temple a espera faise longa porque os meses pasan e os problemas de aparcamento van a máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade