Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Monte Alto, na Coruña, reclaman máis aparcadoiro no barrio

Veciños de Monte Alto, na Coruña, reclaman máis aparcadoiro no barrio

Urxen que se reabra o aparcadoiro do mercado, en que se prevén crear 154 prazas de estacionamento

G24.gal 20/08/2026 14:34

É unha das zonas maís demandadas da Coruña.

"Os de Monte Alto vivimos en Monte Alto. Non noutro lado", di uha veciña.

Un barrio en crecemento con poucos espazos para deixar o coche.

"Nos baixos que hai están a facer vivendas, non garaxes. E todo o mundo ten tres ou catro coches por casa. E bota contas, non hai", explica un veciño.

As obras de renovación do mercado municipal deixaron o barrio sen aparcadoiro público. E a principal superficie comercial sen servizo.

"A xente que vén ao mercado, se non pode aparcar, marcha", asegura outra.

O aparcadoiro do mercado está pendente dunha nova concesión que deberá asumir os traballos de adaptación por valor dun millón de euros.

"Vai para tempo, porque non se sabe cando o van abrir. E fainos falta. Urxe que o abran", reclama unha muller.

Serán 154 prazas das 500 que estima o Concello que necesitaría Monte Alto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade