Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case 300 prazas de aparcamento de balde para os veciños de Lugo

Case 300 prazas de aparcamento de balde para os veciños de Lugo

Lugo creará unha rede de estacionamentos disuasorios en parcelas municipais e privadas

Construiranse en barrios moi saturados como Fontiñas, Paradai, A Milagrosa e A Piringalla

A finais de ano Lugo contará con novos estacionamentos disuasorios
G24.gal 06/07/2026 11:21 Última actualización 06/07/2026 12:11

 "Non hai maneira de aparcar nestas rúas, entre o garaxe e que non hai aparcamentos, imposible. Sempre hai que deixalo mal posto", comenta unha veciña de Lugo

Este é un problema en case todas as cidades. En Lugo tamén. É por iso que o Concello vai habilitar case 300 prazas de balde, distribuídas en 8 parcelas polos 4 barrios máis saturados da cidade: Fontiñas, Paradai, A Milagrosa e A Piringalla. Esta situada na rúa Avutarda vai ter capacidade para 63 vehículos.

  "Se nos entran 63 prazas sería marabilloso, onde temos aquí ao lado os institutos, colexio, pavillón de deportes", apunta Ricardo Varela da Asociación de veciños San Isidro Piringalla

Era unha demanda da veciñanza sobre todo nestes barrios que están medrando a pasos axigantados, e a falta de estacionamento converteuse nun dos grandes problemas de mobilidade para veciños e tamén para comerciantes. 

 "É algo necesario realmente enriba vendo como está, unha que se faría unha limpeza e despois sacaríase un rendemento a estas parcelas que están aí abandonadas, moi boas", engade o propietario dun taller

Das 8 parcelas escollidas, 5 son de titularidade municipal, e nelas as obras faranse con carácter permanenete. As outras 3  son privadas. Investiranse menos cartos, pero o Concello garante óptimas condicións de aparcamento.

"Isto dános unha limpeza ao barrio e oxalá sexa por moito tempo", conclúe Ricardo Varela

Está previsto que os novos aparcamentos disuasorios estean dispoñibles antes de finalizar o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade