Concellos de veraneo habilitan aparcadoiros disuasorios ante a falta de estacionamentos
En concellos turísticos como Ares vanse crear 216 novas prazas de aparcamento á entrada da zona urbana
En espazos reservados ou en segunda fila para facer algunha xestión. En localidades costeiras como Ares aparcar na rúa é misión imposible.
"Estou traballando e mira como estou aparcando. No verán é o día a dia", di un veciño.
Ares multiplica por dous a súa poboación no verán coas segundas residencias e a coincidencia dunha praia moi concorrida en plena zona urbana.
"A xente ten que comprender que esta é unha vila que multiplica a súa poboación".
A solución non é doada. Entre as medidas para conciliar os dereitos dos residentes e dos visitantes está a posta en marcha de zonas reservadas.
"Hai zonas verdes para os residentes en case todas as rúas", explica un residente.
"Para as segundas residencias non hai espazos reservados. Tes que estar empadroado".
"Antes os que traballamos aquí podiamos aparcar en zonas de residentes. Pero xa non", di unha muller.
A alternativa pasa por habilitar aparcadoiros disuasorios para deixar o coche fóra do centro urbano. A Xunta de Galicia e o Concello de Ares van colaborar para reordenar este espazo e crear un total de 216 prazas de estacionamento.
"Temos que concienciarnos de que temos que aparcar un pouco lonxe", asegura un veciño.
Novas alternativas de mobilidade para conciliar as necesidades dos residentes e dos visitantes.