Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia, en aviso por neve, chuvia e forte ondada

Galicia, en aviso por neve, chuvia e forte ondada

As catro provincias galegas están este mércores baixo aviso meteorolóxico pola entrada dunha masa de aire frío que deixará precipitacións, nevadas nas zonas de montaña e forte ondada no litoral

A cota de neve oscilará entre os 900 e os 1.400 metros e poderán rexistrarse xeadas débiles nas zonas de montaña

directo Cámara web situada no albergue de peregrinos do Cebreiro
G24.gal 25/11/2026 08:49

A AEMET activa avisos por nevadas nas montañas de Lugo e Ourense e por chuvias na Coruña. As precipitacións poderán ser persistentes e localmente fortes no norte da comunidade autónoma.

As catro provincias galegas están este mércores baixo aviso meteorolóxico pola entrada dunha masa de aire frío que deixará precipitacións, nevadas nas zonas de montaña e forte ondada no litoral.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) mantén activos avisos de nivel amarelo nas catro provincias:

- A Coruña: avisos por chuvia e fenómenos costeiros

- Lugo: avisos por neve e fenómenos costeiros

- Ourense: aviso por neve nas zonas de montaña

- Pontevedra: aviso por fenómenos costeiros

Predominarán os ceos nubrados ou cubertos, con precipitacións máis abundantes no norte de Galicia, onde poderán ser persistentes, localmente fortes e ir acompañadas puntualmente por tormenta.

A cota de neve oscilará entre os 900 e os 1.400 metros e poderán rexistrarse xeadas débiles nas zonas de montaña. O vento soprará de compoñente oeste, con intervalos fortes e refachos moi fortes no litoral galego. As temperaturas máximas apenas experimentarán cambios, mentres que as mínimas tenderán a descender.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade