Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Os bombeiros rescatan unha muller atrapada nun motocultor en Begonte
A vítima quedou collida pola perna nunha parcela da parroquia de Gaibor
Foi trasladada ao Hospital Lucus Augusti de Lugo tras ser liberada
            
                            G24.gal
                        
                            03/11/2025 19:36
                        
                        
                        
                        
                    
                    Os bombeiros de Vilalba rescataron na tarde deste luns unha muller que quedou atrapada pola perna nun motocultor nunha leira do lugar de Fondevila, en Gaibor, Begonte.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse arredor das 14:00 horas e foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen alertou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.
Ao punto desprazáronse unha ambulancia, os bombeiros de Vilalba, axentes da Garda Civil e efectivos do GES de Friol-Palas. Os profesionais tiveron que retirar as coitelas do vehículo agrícola para liberar a muller, que foi evacuada a un hospital de Lugo.