Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptan no Atlántico un narcosubmarino con 1,7 toneladas de cocaína rumbo á Península Ibérica

Interceptan no Atlántico un narcosubmarino con 1,7 toneladas de cocaína rumbo á Península Ibérica

Na operación, denominada El Dorado, a Policía Xudiciaria e a Armada de Portugal detiveron os catro tripulantes que ían no somerxible

Imaxe do narcosubmarino facilitada pola Policía Xudiciaria Imaxe do narcosubmarino facilitada pola Policía Xudiciaria
G24.gal 03/11/2025 19:01 Última actualización 03/11/2025 20:45

A Policía Xudiciaria e a Armada de Portugal, coa colaboración do Reino Unido e dos Estados Unidos, interceptaron nos últimos días no océano Atlántico un narcosubmarino que transportaba máis de 1,7 toneladas de cocaína con destino á Península Ibérica, informou este luns a policía portuguesa nun comunicado.

No somerxible ían catro tripulantes xunto coa droga, cuxo destino final eran varios países do continente europeo, pero as autoridades portuguesas non precisaron de onde procedía a embarcación.

Na operación, bautizada como El Dorado, tamén participou a Forza Aérea portuguesa, así como por parte británica a National Crime Agency e por parte dos EUA a axencia antidroga DEA e a Joint Interagency Task Force South.

As dilixencias foron posible grazas á información proporcionada polo Centro de Análise e Operacións Marítimas en materia de Narcotráfico, con sede en Lisboa e que está integrado por oito estados membros da UE (Bélxica, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, España, Países Baixos e Portugal) para cooperar na loita antidroga por mar e aire.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade