Preocupación pola ausencia da Dinosebe máis famosa de Galicia
Turistas, nenos e cidadáns en xeral bótano de menos. Unha figura fulgurante que chegou a quedar cegado polos flashes e selfies agoniza feito arame nas instalacións municipais, sen data e sen lugar de retorno
Hai dez anos unha sebe xurásica conmocionaba Vigo. A dinosebe. Puxérona primeiro na rúa Oporto pero un erro ou as protestas levárona a un almacén e rematou de xeito provisional na Porta do Sol onde acabou pasando a maior parte da súa vida vexetal. A obras da Porta do Sol obrigárono a trasladarse á alameda. Antes estivo preto de tres anos incubando un ovo que chegou a eclosionar e a dar o tan cobizado fillo á sebe máis famosa de Vigo.
O seu estado esquelético fixo que o concello o trasladase ao viveiro municipal do Castro onde leva un ano. Turistas, nenos e cidadáns en xeral bótano de menos. Unha figura fulgurante que chegou a quedar cegado polos flashes e selfies que agora agoniza feito arame nas instalacións municipais, sen data e sen lugar de retorno.